A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires






descargar 11.02 Kb.
títuloA crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires
fecha de publicación08.04.2017
tamaño11.02 Kb.
tipoDocumentos
l.exam-10.com > Literatura > Documentos
A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires

“Asistiron os galeguistas máis coñecidos, como Manolo Quiroga, Basilio Álvarez, Portela Valladares, Castelao, Cabanillas, San Luis (o obreiro autor de O Fidalgo), González Garra, Eladio Rodríguez, Lugrís Freire, Risco, Blanco Torres, Rivas, Peinador, Fraga - o empresario máis importante de toda España e un galeguista acérrimo-, Manolo Quiroga, representantes do Concello de Santiago e outros grupos, así como distinguidas personalidades galegas... O resultado é que chegan a reunirse un total de douscentos comensais.

"Paco Asorey -prosegue a extensa crónica do citado xornal- ocupa o posto de honra e á súa beira sentan Portela Valladares e Gil Casares. Á sobremesa le Cabanillas centenares de adhesións que se reciben de toda Galicia... E fala Cabanillas para explicar o obxecto desta reunión inesquecible. Cabanillas non é orador, pero observo que a súa palabra sinxela conmove a todos e eu síntome tamén fondamente emocionado. Fala no idioma galego, que nunca me pareceu tan doce nin tan elocuente coma nestes instantes:

Despois do noso Mestre Mateo que tallou esa marabilla dos séculos que se chama o Pórtico da Gloria, viñeches ti resucitar a lenda gloriosa dos imaxineiros galegos. Os teus irmáns rodéante agora para infundirche alentos e para te encher de cariño, anoxados pola inxustiza da que te fixeron vítima os políticos madrileños.

O poeta fala con tenrura da súa vila natal e arrinca bágoas dos ollos de Asorey, cando lembra os anos da infancia de ambos naquela praia encantadora de Cambados, onde as nais dos dous viñan buscalos asustadas polas súas correrías.
A voz do poeta tórnase grave e tremente cando o seu discurso chega á nota máis fonda e solemne. É necesario que os galegos sintan a necesidade imperiosa de defender a terra natal custe o que custe, e hai que chegar a onde haxa que chegar. Hai que salvar Galicia.

Apagados os aplausos, fala Afonso Castelao. Tamén se expresa no noso idioma nativo. O labor dos pensadores é unha obra de análise, a do pobo é un labor de síntese. Ao pobo galego hai que dicirlle que Galicia non quere morrer. O discurso de Castelao é francamente nacionalista.

Roxe a voz de Basilio Álvarez que di que en Madrid se respectan os galegos. Iso non basta, "é necesario que nos teñan medo". Fala Vicente Risco: "Irmáns pola raza e polo amor á nosa Galicia". Afirma que somos fillos dunha nación inconfundible e ben definida e que non somos nin podemos ser outra cousa senón galegos. E fala Lugrís Freire, nun galego sonoro que lle dá á súa voz tons de profecía: "Dise que somos separatistas. Eu grito moitas veces. Viva Galicia ceibe!, non me recadei para dicir que si, que eu son arredista". Enumera os erros do Estado español e a súa inhabilidade para amalgamar e fundir as diversas razas que o compoñen. Asegura que o triunfo de Galicia está moi próximo. E levántase Asorey tremente e conmovido. Ocorre entón unha cousa extraordinaria que me conmove, mentres que un agudo calafrío percorre todo o meu corpo. Asorey crispa os puños que eleva ao ceo e grita: "Terra a nosa!" e vexo que aqueles douscentos homes, todos donos de robustas intelixencias e de temperamentos exquisitos; homes, en fin, de grande e recoñecido talento, imitan o xesto de Asorey e, cos puños no alto e a mirada no ceo, como rendendo culto a unha deidade invisible, gritan a un tempo a palabra sacrosanta "Terra!".

Que é isto que acabo de presenciar? Que significa? Cal é o seu alcance e a súa transcendencia?... Pois isto, queridos lectores de Bos Aires, é nada menos que a alma viva e palpitante dunha Galicia nova que nace puxante e vigorosa; dunha Galicia que non coñecemos aí ou que coñecemos moi imperfectamente, porque traballa na modestia e no silencio. Son as ligas agrarias, os "Hirmanos de fala", os nacionalistas galegos, os rexionalistas avanzados; en resumo, en Galicia, pero non a Galicia da resignación e da mansedume. É un pobo que, como dixo Castelao, non quere morrer no medio da agonía dun Estado que parece marchar cara ao suicidio. É o instinto de conservación dunha raza que parecía desmaiada e que agora sente o desexo irresistible de elevarse sobre tanto abuso, para non perecer no remuíño que se desencadeou por todos os ámbitos da nación española. E Galicia enteira xamais foi tan galega como o é nestes momentos en que, para a miña fortuna, podo presenciar esta asombrosa evolución do sentimento que converte cada fillo desta terra nun ardoroso defensor de todas e cada unha das súas grandes prerrogativas".

CASTELAO SOBRE A PICARIÑA DE F. ASOREY

" Cuando Castelao dejó el automovil que lo trajo desde santiago a la Coruña para asistir al estreno de la farsada de cabanillas, lo vimos portar un paquete de mucho bulto, que tenía la silueta de una niña... Traía -dijo- una sagrada ofrenda; deseaba mostrarla de camino. Y fuimos a la Irmandade. Rompió allí unos papeles y apareció delante de nuestros ojos una joya del arte escultórico. Una picariña ( niñita) que incluso parecía de carne y hueso; una sencilla aldeana que parece va a empezar a hablar. Todo poema triste de la mujer gallega que no tiene juventud; que pasa de la niñez a la madurez sin apenas ir a la escuela, porque tiene que coger la maleza en el monte, uncir las vacas y atender a los trabajos del campo, sirviendo hasta de madre de sus hermanos pequeños...En los ojos azules, en el gesto de la frente, en la expresión entera de la cara con colores de cereza, de la pequeña, se refleja aquello y mucho más aún. Esa carita de niña donde hay ya algo de vejez. Lleva el paño típico en la cabeza, un paño rojo y floreado. Y entre las manitas del trabajo, gruesas, fuertes, y con huequecillos en los nudillos, acaricia una cruz de romerías.

Tal como la describe Otero túñez viste blusa azul, mandil verde y pañuelo amarillo, colores asociados al paisaje galaico

Toda la escultura está tallada en un tronco de castaño. Y el color del traje es el de la madera.

¿ No os gusta? Preguntaba Castelao lleno de noble entusiasmo artístico. Pues vereis: llegué al taller de Asorey, y me encontré con esa obra suya que yo no conocía, y loco de contento, la llevé al hotel donde toda la noche estuve sin dormir mirándola con profundo cariño. Y la traje a La Coruña. para que puedan admirarla todos los coruñeses. Es sin duda la primera escultura gallega...Ahora - concluyó Castelao- se podrán enterar nuestras gentes de lo grande y genial que es Asorey... La niñita de Asorey, marca una nueva orientación en la escultura de la Tierra. Asorey va camino de ser el mejor escultor español. ¡ Nuestra sincera enhorabuena para el genial artista!“

tallerdehistoriayarte.wordpress.com

Añadir el documento a tu blog o sitio web

similar:

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconAño 2013 marathon. Coproducción con formato (Galicia). Tv-movie....

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires icon25 anos o da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Fisíca/inef...

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconDirector de cine y tv egresado de teba taller Escuela Buenos Aires (2000-2002)

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconDiputada Nacional, por derecho propio, dni 11. 566. 048, con domicilio...

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconHaroldo Conti nació en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1925....

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconSe colocan dos mesas en forma de V sobre el escenario donde estarán...

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconLingua e literatura 1º eso temas 9 12 Edicións Xerais de Galicia S. A

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconEste es el principio de las antiguas historias de este lugar llamado...

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconS. de Compostela. Xunta de Galicia. 1987. 4º mayor. 153 pp. Abund....

A crónica do director de El Correo de Galicia de Bos Aires iconCorreo bibliopolítico






© 2015
contactos
l.exam-10.com