LINGUA E LITERATURA 1º ESO
TEMAS 9 - 12
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Unidade 9 E para demostrarme que tiña razón foi inspeccionar o souto que lle servira de tobo á fera. Entrei detrás del, sentindo como a cada paso me chantaban un cravo entre as costelas. O can negouse en redondo a meterse alí e agardounos fóra. Todo o chan estaba, como eu xa agardaba, remexido, como se o animal se envorcallase alí. Nun cornello, un envurullo de roupas de muller. O meu pai desfixo o atadallo e estendeu as pezas, a blusa, a saia, o corpiño e a roupa interior, unhas botas, uns carpíns.
—O lobo debeu devorar algunha muller.
—Meu pai, iso non pode ser.
—Talvez a pastora da que nos falaron, ou outra.
—E trouxo as roupas deica acó?
—É posible.
—E dobrounas e atounas?
—Non o sei.
—Esas non son roupas de pastora.
—Pois logo cal é a túa explicación?
—Non teño ningunha, meu pai. Pero...
—Pero que?
—As roupas non teñen nin unha soa pinga de sangue. Xosé Miranda: Pel de lobo
Indica en que estilo está a parte dialogada do texto e logo transfórmaa ti e escríbea no estilo contrario.
No primeiro parágrafo do texto, localiza os pronomes átonos existentes e indica que función desempeñan.
Escolle a opción correcta:
a) Tivo que ser alguén coñecido quen díxocho.
b) Xa che teño dito que non te quero ver así vestido.
c) Che me contou unhas cousas interesantísimas.
d) Eu xa sabía que te era un home moi listo.
Escolle a opción correcta:
a) Chameite onte pola tarde.
b) Chameiche onte pola tarde.
c) Che chamei onte pola tarde.
d) Te chamei onte pola tarde.
Substitúe o subliñado por un pronome átono.
a) Colleu as lambetadas ao irmán.
b) Tirou a pucha sobre a mesa.
c) Fixo os deberes para a clase de galego.
d) Recollín uns vídeos para o meu pai.
e) Preguntou a lección aos rapaces.
Indica a palabra correspondente a cada unha das definicións:
Mesa feita para estar arrimada á parede, comunmente sen caixóns e cun segundo taboleiro a rente do chan: ___________.
Peza de tea ou algodón que serve para cubrir a cama por enriba das mantas: ___________.
Banco, xeralmente co respaldo e o asento acolchado, para sentar ou deitarse: ___________.
Obxecto ou moble destinado a pendurar ou colgar algo: ___________.
Moble cunha feitura axeitada para colocar no canto formado por dúas paredes: _________.
Explica o significado das seguintes frases:
1. caer de caixón: ______________.
2. correr a cortina: ______________
3. deixar por portas a alguén: ______________
Escribe o topónimo correcto para cada un dos incorrectos que van a seguir:
Rianjo: ______________.
Sanjenjo: ______________.
La Coruña: ______________.
Puenteareas: ______________.
Puebla de Trives: ______________.
Indica en que bloque dialectal foron pronunciadas as seguintes frases:
Teño os pantalóns manchados de andar na corte das ghaliñas: __________
É obrigatorio que os camiós leven as luses acesas polo día: __________
Eu quero que vaiamos comer a Lindín, e tu?: __________
Arránxame os baixos dos pantalois para que só se vexa a punta do zapato: __________
Escribe s ou x segundo corresponda:
ei_e e_tender e_ilio
madei_a e_cavadora sinta_e
e_terno e_trañar a_ila
apro_imar e_i_ir le_icolo_ía
e_ame e_a_erar e_hibir
Unidade 10
1. Compara os dous poemas que tes a continuación.
Examina as súas rimas e identifica cales son os factores que os dotan de ritmo.
Analiza a súa forma e o seu contido.
Chegouse un cadelo ao Nilo,
púxose logo a beber
e como andaba intranquilo,
ao mesmo tempo a correr.
Unha grúa coroada
buscoulle conversación:
—Seu mozo, é cousa danada
beber nesa condición.
—Señora, pase o que pase,
sería sempre peor
que un crocodilo papase
a este voso servidor.
A cadelo tan prudente
moito debemos loar,
escoller o mal presente
por doutro peor liscar.
X. M. García Rodríguez: Fábulas galegas
A felicidade, en resume,
era para el berrar gol
nos partidos de futbol
entre a mesta moitedume.
Mais deulle tal torozón
cando quedou campeón
o odiado equipo contrario,
que por dous goles a un
xace na foxa común
iste badoco gregario. Celso Emilio Ferreiro
Podemos observar algún caso de polisemia e connotación nos poemas anteriores? Xustifica a túa resposta.
Escribe unha oración, con cada unha das seguintes palabras, onde se aprecie claramente o seu significado.
ganduxar:
amalló:
biqueira:
cinguido:
cumprido:
Emparella en tres campos semánticos as seguintes palabras: viso, puír, gabán, rachón, anoar, saia, feltro, refucir, pelica, suadoiro, liño, lustrar.
Indica cal é o modo e o tempo dos verbos destacados en negra no texto.
Pon en pretérito as formas verbais que van entre corchetes.
[Construír, el] O albanel que nos _____________ a casa non era moi mañoso.
[Rir, nós] _____________ moito coas túas ocorrencias.
[Caer, vós] _____________ na trampa coma dous tontos.
[Traducir, ti] _____________ todas as frases que puxo o profesor.
[Fluír, el] O Miño _____________ moi porcallento o pasado martes.
[Rir, el] _____________ moito co chiste que lle contaches.
Non [ler, vós] _____________ o libro que vos mandou o profesor.
[Oír, el] Non _____________ o que lle dixen.
Pon en presente de indicativo os verbos que van entre parénteses:
Por que non (subir) _____________ ao cume do monte comigo?
Esta casa (relucir) _____________ coma a prata.
(seguir) _____________ dicindo que non foron eles.
Eles nunca (durmir) _____________ ata que lles vas contar un conto.
Ás veces, ti (ferir) _____________ coas túas palabras.
Unidade 11
Lámpada do forno
Advertencia: Perigo de electrocución! Antes de recambiar a lámpada do forno:
–Apague o forno!
–Desconecte os fusibles instalados na súa caixa. Xeito de cambiar a lámpada do forno ou de limpar o cristal
1. Coloque un pano no piso do forno.
2. Retire a pantalla de cristal facéndoa xirar cara á esquerda e proceda a limpala.
3. Recambie a lámpada do forno: 40 vatios, 230 V, 300 ºC resistente ás altas temperaturas.
4. Volva colocar a pantalla de cristal.
5. Retire o pano do piso do forno.
|
Indica que tipo de texto é o anterior e cales son as súas características principais. Exemplifica as túas respostas.
Cambia as definicións que aparecen no seguinte texto polas palabras correspondentes. Escribe a palabra correctamente facéndoa concordar co texto.
Son un [1. afeccionado dun determinado equipo] do Deportivo e o outro día fun ver un partido totalmente inxusto. A cousa foi así, eu estaba nas [2. bancos colocados en fileira] cuns amigos, cando o equipo visitante sacou de esquina. Nese intre todo se precipitou, un xogador do Dépor fíxose co balón, realizou un espectacular caneo, superou a [3. aliñamento de xogadores para impedir o tiro] de xogadores visitantes e lanzou un potente tiro que rematou en gol. Acto seguido o [4. porteiro] finxiu que o balón lle dera na cabeza e desplomouse no chan. Os feitos sucedéronse rapidamente: os [5. persoal sanitario que transporta as angarellas] entraron no campo, o [6. técnico que prepara físicamente a un equipo] do Dépor berraba, e o árbitro anulaba o claro gol. Que impotencia! Todos sabiamos do finxido da situación! 1. __________ 2. __________ 3. _________
4. __________ 5. __________ 6. __________
Enche os ocos co verbo que vai entre parénteses.
Esta noite non ____________ (1ª sg. presente de indicativo: durmir) na túa casa.
Se ____________ (2ª sg. presente de indicativo: descubrir) algunha cousa nova, chámame.
____________ (2ª sg. imperativo: seguir) loitando polas túas ilusións e chegarás moi alto.
Os leóns do parque ___________ (3ª pl. presente de indicativo: ruxir) dun xeito estremecedor.
____________ (1ª pl. presente de indicativo: sentir) moito a súa morte.
Estou segura de que _____________ (3ª pl. presente de indicativo: mentir) cando falan do que aconteceu.
Relaciona as perífrases verbais cos seus significados.
Non dei feito o traballo a tempo. repetición
Sempre se anda a meter no que non lle interesa. inicio dunha acción
Téñoche dito moitas veces que non xogues co balón na casa. acción acabada
De súpeto, rompeu a chorar e non parou ata unha hora despois. obrigación
Anda a espallar falsos rumores. acción non acabada
Se queres quedar, tes que facer a túa cama. futuro
Puntúa correctamente o seguinte texto.
En ningunha das outras casas saíu ninguén a mirar o que pasaba o dono do can (que despois souben que era a anana Rosa dos Chantos) non deu sinais de vida non se acendeu unha luz non se oíu unha voz nin Oreste nin a súa muller nin os seus fillos se ergueron da cama era a noite a noite impoñía o seu dominio e xa se sabe que a noite é invencible e que na noite o lobo é o amo só un coro de cans protestaba furiosamente ata quedaren todos roucos arrastrando os pés volvemos ao leito.
Unidade 12 A escea desenvólvese na botica. Cando se ergue o pano aparece Lela debruzada no mostrador, apreixando unha botelliña na man, e o boticario –tamén debruzado– a falar con Lela. Trátase de representar un palique amoroso.
LELA: Eu non sei que me dá este home..., porque xa fai moito tempo que debía estar na casa.
O BOTICARIO: Pois calisquera día douche un feitizo de namorar e vólvote toliña. Como me chamo Saturio que o fago!
LELA: Eso sería unha traiduría...!
O BOTICARIO: Así Deus me salve como che reviro o sentido cun bebedizo!
LELA: Con non tomar xaropes desta botica...!
O BOTICARIO: Tamén che podo dar polvos seguidores, ou píldoras de malicia, que son máis ardentes.
LELA: Vaites, vaites con Don Saturio, que quer chegar polo atallo...! I entón, vostede xa non atopa maneira de namorar polas boas...?
O BOTICARIO: Os peixes e as mulleres cóllense con artimañas... E como eu xa vou indo algo vello...!
LELA: Un vello raposo e con moita esperencia; pero a min non me colle, non. Se fose un boticario legal e honrado... veríamos...
O BOTICARIO: Pois... queréndome polas boas xa non che fago a traiduría. Ti escolle! Castelao: Os vellos non deben de namorarse
Explica cales son as características dun texto teatral tirando exemplos deste fragmento.
Pon a carón de cada número o nome do instrumento con que se corresponde.
 1. _________ 2. _________ 3. _________ 4. _________
5. _________ 6. _________ 7. _________ 8. _________
Coloca as palabras do recadro no lugar que lles corresponda.
-
baixista, sexista, violinista, independentista, nacionalismo,
frautista, comunismo, capitalista, guitarrista, oficinista,
publicista, organista, feudalismo, transportista
|
Partidario ou practicante de comportamentos,
doutrinas ou sistemas políticos, artísticos ou relixiosos
| Ocupación, profesión, oficio
|
|
|
Escolle o adverbio que cumpra de entre os que se che ofrecen para cada enunciado.
Ven _____ xunta min (aí, acó, arredor).
Segou a herba _____ (ao rente, a carón, enriba).
A comida estaba boa _____ (de máis, bastante).
Escollerase unha persoa _____ (ao chou, de socato) que será a voceira.
Na farmacia déronme esta crema _____ (en balde, de balde).
Paso pola túa rúa _____ (acotío, decontino).
Rodea cun círculo a opción correcta para cada enunciado.
a) ningures / algures • Sempre di que vai para _______
b) ningures / algures • Así non vas a _______
c) detrás / atrás • Non te sentes cara _______ que te mareas.
d) detrás / atrás • Coidado, _______ de ti!
e) abaixo / debaixo • A pelota está _______ da mesa do xardín.
f) abaixo / debaixo • Se buscas _______ no garaxe, seguro que o atopas.
Fai uso da preposición axeitada en cada caso.
O meu can, ______ (fóra, malia) a alma, semella unha persoa.
Non sabiamos nada ______ (ata, deica) que ti nolo dixeches.
______ (deica, ata) Ortigueira hai 98 quilómetros.
Están a recoller cartos ______ (en troques de, en/a prol de) unha asociación contra o cancro.
Tráeme os apuntamentos sobre teleformación que están ______ (sobre, en col de) a mesa.
______ (amais de, alén de) de guapo é listo coma un allo.
Escribe un exemplo para cada unha das normas sobre o uso dos puntos suspensivos que se indican no cadro.
-
usamos puntos suspensivos
| NORMA
| EXEMPLO
| Cando nunha enumeración faltan elementos.
|
| Cando eliminamos parte dun texto.
|
| Para completar palabras malsoantes que non queremos escribir por completo.
|
| Para expresar estados de ánimo, sorpresa, dúbida, medo.
|
|
Rodea cun círculo a opción correcta respecto das afirmacións de cada enunciado.
Usamos os dous puntos cando:
1. V F • Imos dar comezo a unha enumeración.
2. V F • Nunha carta queremos enviar un saúdo ao destinatario.
3. V F • Queremos indicar que o falante titubea ou se interrompe.
4. V F • Separamos enumeracións de oracións non relacionadas entre si.
5. V F • Separamos oracións que expoñen un feito e as súas consecuencias.
6. V F • Escribimos un encabezado dunha carta.
Lingua e literatura 1º ESO. Probas de avaliación 3º trimestre. Edicións Xerais de Galicia, S.A.
|