descargar 197.81 Kb.
|
LINGUA E LITERATURA2º BACHARELATOPROGRAMACIÓN DE AULA POR UNIDADESEdicións Xerais de Galicia S.A.Neste apartado expóñense, por unidades, os obxectivos didácticos, os contidos e os criterios de avaliación da proposta didáctica de Lingua e Literatura 2º de Bacharelato de Edicións Xerais de Galicia.UNIDADE 11. a) Obxectivos didácticos• Identificar os diversos tipos de textos, así como recoñecer o tema e reflexionar sobre a súa estrutura e sobre a organización da información: texto poético. • Delimitar o tema dun texto, expresando nunha frase breve a idea fundamental que o autor ou autora intenta transmitir. • Compoñer producións escritas planificadas sobre temas de actualidade, adecuadas á situación e á intención comunicativa (texto expositivo) tendo en conta as súas características básicas. • Diferenciar o timbre das vogais tónicas, identificar a categoría gramatical das palabras, conxugar verbos, empregar con corrección o xénero e as terminacións -cio/-cia e -zo/-za. • Reflexionar sobre as funcións sociais da lingua, e sobre os conceptos de bilingüismo individual e social, conflito e diglosia. • Diferenciar os distintos tipos de individuos bilingües segundo a adquisición, o grao de competencia e o uso lingüístico. • Recoñecer distintos factores (demográficos, de status, e de apoio institucional) que se deben ter en conta á hora de describir unha situación de bilingüismo. • Diferenciar con claridade os conceptos de son, fonema e grafema. • Coñecer as distintas vogais e consoantes de que se compón a lingua galega e diferencialas pola súa articulación. • Coñecer os distintos tipos de agrupación de fonemas na palabra: sílaba, ditongo, tritongo e hiato. • Coñecer as propiedades textuais (coherencia, cohesión e adecuación) e empregar os mecanismos adecuados para compoñer un texto coherente. 1. b) Contidos • Texto poético («Acróstico», poema pertencente a Poesía última de amor e enfermidade, de Lois Pereiro): intención comunicativa e características lingüísticas. • O tema dun texto poético. • O timbre das vogais tónicas. • Verbos irregulares e verbos con alternancia vocálica. • O xénero dos substantivos invariables. • Terminacións -cio/-cia, -zo/-za. • Desviacións da norma. • As funcións sociais da lingua. Bilingüismo, conflito e diglosia. • O contacto de linguas. • Bilingüismo individual (competencia comunicativa, adquisición e uso) e bilinguismo social (factores demográficos, factores de status e factores de apoio institucional). • A fonética e a fonoloxía: sons, fonemas e grafemas. • As vogais: descrición e clasificación segundo o grao de abertura e a localización. • Vocalismo átono e vocalismo tónico. • Aférese, síncope, prótese, epéntese e paragoxe. • As consoantes: descrición e clasificación segundo o punto de articulación, o modo de articulación e a acción das cordas vocais. • Correspondencia entre grafemas e fonemas. • Gheada e seseo, metátese, apócope, rotacismo e contraccións. • Diferenza entre n velar e n alveolar. • Sílaba, ditongo, tritongo e hiato. 1. c) Criterios de avaliación • Le e interpreta distintos tipos de textos tendo en conta a situación en que se desenvolven, captando o sentido global e a intención do discurso. • Interpreta e valora criticamente a información e as mensaxes que emanan dos distintos discursos. • Compón producións escritas planificadas sobre temas de actualidade, adecuadas á situación e á intención comunicativa (texto expositivo) tendo en conta as súas características básicas. • Diferencia o timbre das vogais tónicas, recoñece a categoría gramatical das palabras, conxuga tempos verbais, distingue o xénero gramatical, utiliza con corrección as terminacións -cio/-cia e -zo/-za. • Reflexiona sobre as funcións sociais da lingua, e sobre os conceptos de bilingüismo individual e social, conflito e diglosia. • Diferencia os distintos tipos de individuos bilingües segundo a adquisición, o grao de competencia e o uso lingüístico. • Recoñece os distintos factores que se deben ter en conta á hora de describir unha situación de bilingüismo. • Consulta información en Internet para ampliar coñecementos sobre bilingüismo. • Diferencia os conceptos de son, fonema e grafema. • Coñece as distintas vogais e consoantes de que se compón a lingua galega e clasifíacaas segundo a súa articulación e pronunciación. • Diferencia os distintos tipos de agrupación de fonemas que se producen na palabra. • Coñece as propiedades textuais e emprega os mecanismos adecuados para compoñer un texto coherente. |
![]() | ![]() | ||
![]() | «Gracias por», añadiendo cada vez un elemento nuevo de la Creación (por ejemplo: «Gracias por los pájaros») | ![]() | «Gracias por», añadiendo cada vez un elemento nuevo de la Creación (por ejemplo: «Gracias por los pájaros») |
![]() | ![]() | ||
![]() | ![]() | ||
![]() | ![]() |